I Encuentro de Investigadoras/es T&P

I Encuentro de Investigadoras/es T&P

Cumpliendo con el cronograma de los eventos científicos programados y las actividades extraacadémicas previstas en cada curso académico por el Grupo de Investigación y el Programa Doctoral Internacional Traducción & Paratraducción (T&P) y el Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– de la Universidade de Vigo (UVigo), del 5 al 6 de mayo de 2022, en horario matutino de 9.00 h a 14.30 h en el Salón de Grados de la Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) y en modalidad presencial y a distancia híbrida síncrona, tendrá lugar el 

I Encontro de investigadoras/es T&P. «Teño un plan de investigación»

 

Programación del evento

Pinchar aquí para descargar el PDF completo de la programación del evento

Ana Luna durante a xornada deste venres

 

Celebraron un encontro para expoñer os avances na súas teses e compartir experiencias

O programa de doutoramento en Tradución e Paratradución pon en valor as investigacións do seu alumando

Contaron coas achegas de catro expertas tradutoras con ampla experiencia profesional

 

DUVI06/05/2022

Unha xornada de colaboración e de intercambio de experiencias, para coñecerse entre eles e para coñecer en que eidos están traballando. Con este obxectivo, o programa de doutoramento en Tradución e Paratradución celebrou entre onte e hoxe venres o seu I Encontro de Investigadores e Investigadoras, unha iniciativa innovadora que nunca se tiña celebrado nesta titulación e que agardan que, de cara ao futuro, poida celebrarse cada dous anos.

Os coordinadores do programa, Ana Luna e Alberto Álvarez Lugrís, explican que este evento naceu como unha idea “de mellora do doutoramento en T&P e como suxestión do alumnado”. En total, foron 13 as e os investigadores que, tanto presencial como virtualmente, ao longo destas dúas xornadas presentaron ante os seus compañeiros os avances das súas teses de doutoramento. Deste xeito, ademais de poder coñecer en que temáticas están a centrar as súas investigacións, este encontro é “unha oportunidade para que o alumnado se coñeza máis”. Os organizadores amósanse moi satisfeitos coa acollida desta actividade, no transcurso da cal o alumnado presentou os seus proxectos de tese sobre temas tan diversos como a didáctica da interpretación de enlace; as modalidades de tradución audiovisual no espazo cinematográfico; a paratradución nas marxes; a especialización na tradución queer; a tradución en hostalaría; as traducións croatas e serbias de temática bélica publicadas tras a desintegración de Iugoslavia; o manga, con Detective Conan ou Persépolis como exemplos a estudar; o papel da poeta na importación de textos poéticos ao galego; a tradución automática no eido xurídico; o estudo do xénero literario de O Principiño; a autoridade feminina no paratexto da tradución de Francisca de Passier ou o texto audiovisual como obxecto de estudo tradutolóxico en series como Orange Is The New Black e La Casa de Papel.

Luna e Álvarez Lugrís apuntan que a este tipo de presentacións ante compañeiros e docentes tamén lles será de utilidade ás e aos estudantes de doutoramento de cara á defensa do plan de investigación que terá lugar a finais deste mes de maio. Por outra banda, os traballos presentados nestes dous días tamén poderán ser seleccionados para publicarse en Viceversa. Revista Galega de Tradución.

Ademais desta xornada de posta en común dos traballos, Ana Luna engade que dende o programa de doutoramento levan tempo “preparando unha serie de volumes que verán a luz ao longo deste ano 2022 e 2023 con publicacións que recollen unha parte da produción científica do profesorado do programa e dalgúns dos mellores traballos de investigación do alumnado”.

Achegas de catro expertas con ampla experiencia

Neste encontro, as e os estudantes participantes tamén tiveron a oportunidade de escoitar as achegas de catro expertas en tradución e interpretación como son Tanya Escudero, Laura Linares, María Reimóndez e Kathleen March, as tres primeiras egresadas da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo.

Tanya Escudero, que actualmente traballa na Universidade de Tallín, ofreceu un relatorio sobre a comunicación intercultural durante a crise da covid en Estonia. Pola súa banda, Laura Linares, do University College Cork, que conta cunha ampla experiencia como tradutora especializada en localización de videoxogos e tamén nos fluxos de tradución de literatura galega contemporánea ao inglés, abordo o uso de metodoloxías de corpus para a análise da tradución literaria: novas perspectivas. María Reimóndez, escritora, tradutora e intérprete, afondou, pola súa banda, nos desafíos da interpretación feminista e decolonial. A cuarta convidada, Kathleen March, é catedrática hemérita da Universidade de Maine e unha tradutora moi recoñecida do galego ao inglés, cunha estreita vinculación con Galicia dende hai anos. A súa intervención centrouse precisamente, no compromiso coa literatura galega.

Estas catro conferencias van estar a disposición da comunidade universitaria na canle da UvigoTV, mentres que o resto das intervencións, explica Luna, “serán de uso privado coa intención de que sirvan para que o alumnado poida verse e revisar algúns aspectos das súas presentación”.

Xornadas de formación

Esta actividade celebrouse coincidindo coa semana de actividades de formación para o alumando do doutoramento de Tradución e Paratradución, que rematará o vindeiro luns coa charla que a profesora Laura Novelle impartirá a través de Campus Remoto ás 16.00 horas sobre como facer unha tese de ámbito humanístico.

 

Los vídeos de las intervenciones de cuatro expertas.
Dos de ellas doctoras del Programa Doctoral Internacional T&P

 

María Reimóndez: Interpretación feminista e decolonial. Una aportación preliminar

Turno de preguntas

Tanya Escudero: Comunicación intercultural durante la crisis de la COVID-19 en Estonia

Turno de preguntas

Laura LinaresCorpus en el análisis de la traducción literaria, Nuevas perspectivas

Turno de preguntas

Kathleen March: A capa, o limpiar e o compromiso coa literatura galega («La portada, el umbral y el compromiso con la literatura gallega»)

NADIE HA COMENTADO AUN.

Escriba un comentario