A dobraxe ao galego de «Sonic Prime» e a situación da dobraxe en Galicia

A dobraxe ao galego de «Sonic Prime» e a situación da dobraxe en Galicia

Cumpliendo con el cronograma de los eventos científicos programados y las actividades extraacadémicas previstas en cada curso académico por el Grupo de Investigación y el Programa Doctoral Internacional Traducción & Paratraducción (T&P), el Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– y el Título Propio de Especialista en Traducción para la Industria del Videojuego (ETIV) de la Universidade de Vigo (UVigo), el jueves, 13 de abril de 2023, a las 12.00 h y en el Aula B-Salón de Grados de la FFT, Eloy Pérez Machado y Yhadira García Fernández debatirán, moderados por el profesor del MTCI y del ETIV Ramón Méndez González, alrededor de la siguiente temática:

A dobraxe ao galego de «Sonic Prime» e a situación da dobraxe en Galicia

Bionotas de las personas participantes

Eloy Pérez Machado
Actor de doblaje, Eloy es locutor de publicidad y ajustador. Comenzó en el mundo de la radio, dando el paso al doblaje hace 5 años. Se formó como actor con profesionales como Julio Lorenzo, Miguel Ángel Jenner o Roger Pera. Sus primeros trabajos como actor de doblaje fueron para Discovery (Discovery Channel, DKISS y DMAX). Ya dentro de la profesión se formó como ajustador de guiones. Durante estos años ha doblado para múltiples plataformas como Disney + (Los Amateurs, Big City Green), Netflix (SONIC Prime, Chef Table) HBOMax (Voz de Mark Wahlberg en Wahl Street, El Deshielo), Amazon Prime (FROM, Los anillos del Poder), Discovery (La Fiebre del Oro, Pesca Radical). También ha realizado trabajos publicitarios para marcas como BMW, Ford y promos para diferentes plataformas y canales.

Yhadira García Fernández 
Actriz de doblaje, Yhadira es locutora de publicidad y cantante. Comenzó en el mundo de la música, dando el salto al doblaje hace 5 años. Se formó en Babaluvox Studios con Rosa Díaz. Sus primeros trabajos como actriz de doblaje fueron para MTV España (Geordie Shore, La venganza de los Ex). Durante estos años ha doblado para plataformas como Disney + (La pastelería de Alicia, La venganza de los otros), HBOMax (La magia de Luna, YOLO), Netflix (Tails en SONIC Prime, Konosuba: un mundo maravilloso) Amazon (películas como En el filo, Valentine, venganza oscura). Ha realizado diversos trabajos publicitarios. Voz de spots y cuñas de GADIS y Xunta de Galicia, entre otros.

 

Impactos del acto en prensa

O chapeleiro Eloy Pérez e a compostelá Yhadira García poñen voz a dúas das personaxes principais

Sergio Fernández, Atlántico, 13/04/2023

Sonic o Ourizo, protagonista dunha longa saga de videoxogos da multinacional xaponesa Sega, fala por primeira vez en galego na súa serie de Netflix ‘Sonic Prime’, estreada hai escasos meses cun importante éxito tanto de crítica como de público. A nova Lei do Audiovisual fomenta que este tipo de produtos tradúzanse ás linguas cooficiais do estado e plataformas como Netflix non están a desaproveitar a ocasión para facelo.

Detrás dun dos personaxes principais, Knuckles, está o chapeleiro Eloy Pérez, quen, xunto á compostelá Yhadira García, voz doutro dos protagonistas, Tails, ofrecerá hoxe unha conferencia sobre o proceso de dobraxe desta serie ao galego na Facultade de Filoloxía e Tradución da man do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV).

“Se non fora polo galego, series como esta non chegarían aos estudos de aquí”, apunta o propio Eloy, que indica que é un “puntazo” formar parte do equipo de dobraxe de Sonic Prime porque “é volver un pouco a eses anos 90 nos que o Xabarín tiña debuxos animados en galego”. Pola súa banda, Yhadira comenta a sorte de contar con esta oportunidade porque “a dobraxe dos debuxos animados en galego é moi bo” e, en concreto, participar nun proxecto tan “potente” como este foi moi especial. Ambos constatan que a experiencia foi completamente positiva. “Eu ao principio non sabía nada sobre a serie, pero conforme fomos avanzando nela, cada capítulo era máis divertido”, exclama Eloy, “e se lle sumamos a retranca e os insultos galegos, dálle un puntiño máis de diversión”. Así, na versión galega desta serie de animación, pódese escoitar a Sonic e o resto de personaxes dicindo expresións como “moinante” ou “papaxoubas” que animou mesmo ao público de fóra de Galicia a ver ‘Sonic Prime’ dobrado ao galego: “Vimos a xente de fóra de Galicia comentando en Twitter que preferían vela así porque había expresións que eran moito máis graciosas”, apunta Yhadira.

Dobrar a estes icónicos personaxes da franquía de Sega foi moi especial tanto para Yhadira como para Eloy, que creceron cos seus videoxogos e, desde o momento do casting, estaban a desexar que lles chegar esa confirmación positiva de que lles daban o papel. Iso si, a un custoulle máis que ao outro prestarlle a súa voz ao personaxe. “A min vénme ao xeito co meu carácter e o meu ton de voz e paseime pipa dobrando a Knuckles”, destaca Pérez, mentres que para ela supuxo un reto maior, pois estaba afeita facer outro tipo de voces máis cristalinas: “Para empezar Tails é un mozo, así que tiven que baixar o meu rexistro e rachar un pouco a voz, pero foi moi entretido chegar a pillarlle o punto e paseimo moi ben”. Estes dous actores de dobraxe soñan cunha nova ‘Xeración Xabarín’ para que, do mesmo xeito que nos anos 90, os nenos galegos crezan con estes debuxos animados no seu idioma. “Os nenos de antes non querían ver Dragon Ball ou Shin Chan en castelán”, lembra Eloy. “En Galicia temos un dominio para traducir este produto audiovisual con moitísimo nivel, teñen moita expresión e son moi graciosos”, apostila Yhadira, que ve en series como ‘Sonic Prime’ unha oportunidade para enganchar ás novas xeracións e popularizar a animación en galego de novo.

A serie animada Sonic Prime pon de relevo a elevada calidade da dobraxe en galego

Así se expuxo este xoves nunha mesa redonda na Facultade de Filoloxía e Tradución

Participaron os actores de dobraxe Eloy Pérez e Yhadira García, voces de Knuckles e Tails

D. BESADÍO DUVI 13/04/2023

A dobraxe ao galego da exitosa serie animada Sonic Prime, estreada o pasado mes de decembro en Netflix, foi este xoves o fío condutor dunha mesa redonda celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución sobre á situación da dobraxe en Galicia. FÍxose da man de dous dos seus protagonistas, os actores de dobraxe Eloy Pérez, que na serie pon voz a Knuckles, e Yhadira García, que encarna a Tails. Ambos compartiron co alumnado do centro a experiencia de participar nun proxecto que fixo, por primeira vez, falar en galego ao famoso Sonic o Ourizo, protagonista desta longa saga de videoxogos da multinacional xaponesa Sega.

Organizada polo Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo, ETIV, en coordinación co Máster en Tradución para a Comunicación Internacional e o programa de doutoramento de Tradución e Paratradución, encargouse de moderar o debate o profesor Ramón Méndez, especialista en tradución de videoxogos.

Proxectos que chegan impulsados pola nova Lei do Audiovisual

Tal e como explicou Méndez, tanto Eloy como Yhadira contan, pese a súa xuventude, cunha longa traxectoria profesional no mundo da locución e a dobraxe, pero para ambos foi a primeira vez que tiveron a oportunidade de traducir un videoxogo, e fixérono ao grande, nada máis e nada menos que coa serie Sonic Prime, un proxecto conxunto da empresa nipona Sega e do xigante servizo de streaming Netflix. “Para nós foi o que se pode dicir un auténtico ‘puntazo’”, salientaron intres antes de iniciar a súa charla na FFT. “Un ‘puntazo’ a nivel persoal, pero tamén para todo o mundo da dobraxe en galego”, explicou Eloy Pérez, quen ten dobrado xa para plataformas como Discovery, HBOMax ou Amazon Prime.

“A chegada da nova Lei do Audiovisual e o gran nivel da dobraxe en galego permiten que cheguen a nós produtos de elevadísima calidade que doutra maneira sería moi difícil que chegasen”, salientou Yhadira, quen insistiu na idea de que a calidade da dobraxe en galego está moi por enriba de calquera outra. “Tanto Eloy coma min criámonos vendo debuxos animados en galego na Televisión de Galicia, os dous formamos parte da denominada Xeración Xabarín e poder participar neste proxecto foi unha oportunidade única”, explicou esta actriz de dobraxe, quen leva anos dobrando para plataformas como Disney +, HBOMax, Netflix ou Amazon. “Penso que esta serie é a primeira pedra para que a tradución galega volva colocarse onde estaba na década de 1990”, engadiu Eloy.

‘Moinante, papaxoubas…’, traducións con dimensión propia

Na súa charla falaron do proceso dos procesos de selección de voces, da importancia dos guións, de como a medida que van pasando capítulos o locutor se vai adaptando ao personaxe ata o punto de chegar a darlle o seu propio matiz e, sobre todo, das avantaxes de traducir ao galego. “É un idioma marabilloso que che permite darlle os personaxes unha dimensión distinta”, recalcou Eloy, quen admitiu que a través de numerosos foros lle están a chegar casos de persoas doutras comunidades que ven a serie en galego, polo particular que é a tradución a este idioma.

Como anécdotas contaron casos como a tradución da frase ‘como me des te la devolveré’ que en galego se traduciu como ‘se me das cobras’, “un bo exemplo da dimensión propia que permite facer a tradución ao galego”. Esa dimensión propia chega tamén aos insultos, onde palabras como ‘moinante’, ‘papaxoubas’, ou ‘minchas’ dan bo exemplo das licenzas que permite este idioma á hora de traducir, recalcaron durante o encontro co alumnado.

 

NADIE HA COMENTADO AUN.

Escriba un comentario