As que están e as que marcharon: mulleres e migracións na industria do videoxogo

As que están e as que marcharon: mulleres e migracións na industria do videoxogo

Os principais obxectivos da investigación consisten en identificar a presenza feminina no sector do videoxogo na provincia de Pontevedra, caracterizar as dificultades e barreiras existentes para as mulleres no sector do videoxogo, así como as oportunidades e fortalezas. Tamén elaborar estratexias de mellora da situación actual coa finalidade de reter o talento existente na provincia.

Respecto da metodoloxía empregada, optouse pola exploración para a elaboración dunha base de datos de mulleres profesionais e potenciais traballadoras do sector do videoxogo en Pontevedra (Mapeo). A isto sumouse unha análise da situación: un grupo de discusión e seis entrevistas semi-dirixidas en profundidade a mulleres profesionais do sector vinculadas coa provincia de Pontevedra. E, por último, a elaboración de estratexias de mellora.

 

Equipo de investigación

Ana Luna Alonso, José Yuste Frías, Silvia Pérez Freire, Lara Domínguez Araújo, Óscar Ferreiro-Vázquez e Ramón Méndez Vázquez somos as/os investigadoras/es integrantes desde proxecto T&P liderado por Sara M.ª Torres Outón.

 

Póster científico provisional

Aquí tedes o Póster científico provisional do Proxecto de investigación T&P presentado na 4.ª edición Cátedra Feminismos 4.0

NADIE HA COMENTADO AUN.

Escriba un comentario