Compás para traducir

Compás para traducir

Organizado polo Grupo de Investigación e o Programa de Doutoramento Internacional Tradución & Paratradución (T&P), o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– e o Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) da Universidade de Vigo (UVigo), temos o pracer de anunciar a celebración do curso de extensión universitaria titulado

COMPÁS PARA TRADUTORES E TRADUTORAS:
CATRO PUNTOS CARDINAIS DA PRÁCTICA PROFESIONAL

O curso validarase por 1 crédito ECTS e terá lugar na facultade de Filoloxía e Tradución
a semana do 17 ao 21 de xullo de 2023

Preme aquí o na imaxe para descargar o PDF do díptico

A seguir, os dez obradoiros previstos canda as persoas relatoras:


O NORTE: Cal é a causa que me obriga a tomar unha decisión?

Obradoiro 1. Tradución de autor e redacción – María Luisa Romana (profesora da Universidad Pontificia Comillas)

Obradoiro 2. Tradución e seguridade xurídica. Lei de protección de datos, riscos xurídicos do oficio de tradutor(a), contratos e seguros – Silvia Capón (tradutora profesional e profesora do MTCI)

Obradoiro 3. Tradución e Copywriting – Marta Pastoriza Ares (tradutora profesional e copywriter)

 

O LESTE: Que recursos debo aplicar (internos e externos)?

Obradoiro 4. Xestión de proxectos de tradución. Consellos prácticos para aforrar tempo e traballo. Xestión de axenda, proxectos, facturación – Lourdes Arteaga (directora de Tradumots, tradutora e antiga presidenta da ANETI)

Obradoiro 5. Traducir aplicando a linguaxe inclusivaCarme Adán Villamarín (escritora e integrante do Consello da Cultura Galega)

Obradoiro 6. Tradución, redes e organismos internacionais – Nuria Pahino Dasilva (tradutora e activista)

 

O SUR: Cara que mundo quero camiñar?

Obradoiro 7. Tradución e compromiso social: historia, educación, redución das desigualdades – Karl Schurster Veríssimo de Sousa (historiador e profesor investigador María Zambrano do Grupo de investigación T&P)

Obradoiro 8. Tradución e voluntariado – Berna Wang (tradutora para Amnistía Internacional e a Axencia da ONU para os refuxiados)

 

O OESTE: En que estado quero chegar?

Obradoiro 9. Tradución, freelancing e saúde mental – Kesley Frick (FreekinFreelance)

Obradoiro 10. Tradución e ergonomía – F. Javier Llaneza Álvarez (diplomado en ergonomía pola Sorbona I)

 

Preme aquí para o acceso á plataforma de inscrición

Calquera dúbida podedes enviarlle un correo ao coordinador Óscar Ferreiro Vázquez

NADIE HA COMENTADO AUN.

Escriba un comentario