A tradución xurídica en galego

A tradución xurídica en galego

Dentro do marco das actividades académicas do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– e do Programa Internacional de Doutoramenteo Tradución & Paratradución (T&P), o próximo martes, 25 de outubro de 2022, ás 11.00 h e no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo, Ana Belén Varela Miño impartirá a conferencia titulada

 

A tradución xurídica en Galego. O/a tradutor/a intérprete da Administración de xustiza

 

Coma sempre, esperamos a vosa presenza física no acto. Para aquelas persoas que non poidan asistir, basta con premer aquí para que poidan descargar o PDF interactivo que permite o seguemento telemático do acto.

Bionota da conferenciante

Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo na combinación lingüística inglés, francés e galego (1996-2001), Ana Belén Varela Miño, ten o Certificado de nivel C1 de portugués e ciclo elemental e superior de inglés e galego da EOI de Ferrol. É Tradutora e intérprete xurada de inglés-galego-inglés e Tradutora xurada de galego-castelán-galego.

Desde setembro de 2002 ata a actualidade, é tradutora e intérprete da Administración de Xustiza con destino no Equipo Lingüístico do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia cun período dun ano con destino provisional na Audiencia Provincial de Lugo. As funcións deste posto son a tradución, nomeadamente do castelán ao galego e viceversa, aínda que tamén de portugués, de resolucións xudiciais, leis e outros documentos, así como de memorias das actividades xudiciais de fiscalía, tribunais e xulgados de Galicia; interpretación simultánea en determinados actos xudiciais, como o xuízo do Prestige; tradución ao galego dos modelos do sistema informático da Administración de Xustiza (Minerva), elaboración de glosarios, asesoramento en cuestións lingüísticas ao persoal ao servizo da administración de xustiza.

Ana Belén Varela Miño é autora de diversos traballos de tradución e revisión, principalmente audiovisual, guións para a dobraxe e o subtitulado. Na súa faceta profesional de tradutora literaria fixo a tradución do libro Berenice e outros relatosde Edgar Allan Poe para a editorial Ir Indo; traduciu tamén varios contos de Viginia Woolf, publicados na Biblioteca Virtual (Bivir). É tamén tradutora ao castelán de diversos poemas de Antía Otero que viron a luz en varias antoloxías e revistas especializadas.

Foi a gañadora do XXI Certame Francisco Añón co poemario Asombrario en 2017, publicado polo Concello de Outes, e do VI Premio Gonzalo López Abente no 2019, por Onde nacen as hedras, publicado por Xerais.

 

Os videos da conferencia

Presentación da conferenciante

A conferencia

 

Turno de preguntas

NADIE HA COMENTADO AUN.

Escriba un comentario